Poemas
Día das letras galegas
sábado, 17 de mayo de 2003
*** A o pobo galego, da sua Musa ***
17 de Mayo
****
^^^^
Lúa Descolorida
^^^^
^Lúa^ descolorida
como cor de ouro pálido,
vesme i eu non quixera
me vises de tan alto.
Ó espaso que recorres,
Lévame, caladiña, nun teu raio.
^^^^
Astro das almas orfas,
Lúa descolorida,
eu ben sei que n´alumas
tristeza cal a miña.
Vai contalo ó teu dono,
e dille que me leve adonde habita.
^^^^
Mais non lle contes nada,
Descolorida lúa
Pois nin neste nin noutros
Mundos teréi fertuna.
Se sabes onde a morte
Ten a morada escura,
Dille que corpo e alma xuntamente
Me leve adonde non recorden nunca,
Nin no mundo en que estóu nin nas alturas.
^^^^
¡Qué prácidamente brilan
O río, a fonte, i o sol!
Cánto brilan..., mais non brilan
Para min, non.
^^^^
¡ Cál medran herbas e arbustos,
cál brota na árbor a frol !
Mais non medran nin frorecen
Para min, non.
^^^^
¡ Cál cantan os paxariños
enamoradas canciós !
Mais anque cantan, non cantan,
para min, non.
^^^^
¡Cál a natureza hermosa
sorrí a maio que a mimóu !
Mais para min non sorrí,
Para min, non.
^^^^
Sí ...para todos un pouco
De aire, de luz, de calor...
Mais si para todos hai,
Para min, non.
^^^^
¡ E ben...! xa que aquí n´atopo
aire, luz, terra nin sol,
¿Para min n´habrá unha tomba?
Para min, non.
***
Autora:
Rosalía de Castro
Deja tu opinión:
|
|
|
|